Carmen Moriyón Entrialgo, nada en Xixón o 25 de outubro de 1966, é unha médica e política asturiana. Encabezou a lista de Foro Asturias á alcaldía de Xixón nas eleccións municipais de España de 2011, obtendo 9 concelleiros, converténdose na primeira alcaldesa non socialista de Xixón desde as eleccións de 1979 grazas ao apoio do Partido Popular na súa investidura.
Biografía Carmen Moriyón é filla de Maximino Moriyón Álvarez e de Margarita Entrialgo Álvarez, e viúva de José Ramón Rodríguez-Galindo González.La Nueva España, "Vuelta al ruedo sin bisturí". Consultado o 1 de xaneiro de 2013.
Estudou no Colexio do Santo Ángel de la Guarda e no Colexio da Inmaculada (promoción de 1984), e é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Oviedo (promoción de 1990) e especialista en Mastoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid (2001).El Comercio, "La doctora Carmen Moriyón será la candidata de Foro a la Alcaldía" 20-03-2011. Consultado o 1 de xaneiro de 2013. Era responsable da unidade de cancro de mama no Hospital de Cabueñes até a súa elección como alcaldesa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na web da Fundación de Estudos Mastolóxicos
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Alcaldes de Xixón Categoría:Médicos de España Categoría:Políticos de Foro Asturias