Marcelino Candendo Paz, finado en Pontevedra o 10 de abril de 1938,El Diario de Pontevedra, 11-4-1938, p. 2. foi un militar e político galego.
Traxectoria Capitán de infantaría de Mariña. Foi concelleiro de Pontevedra e elixido alcalde da cidade o 1 de abril de 1920. Cesou como alcalde a finais dese ano e foi substituído por Avelino Silva Güimil. Reincorporouse á alcaldía en 1921, pero foi suspendido como alcalde e concelleiro en outubro dese ano. Volveu ser alcalde de Pontevedra de febreiro a abril de 1930. Foi elixido concelleiro o 12 de abril de 1931, nas eleccións que trouxeron a República.
Vida persoal
Casou con Josefa Gonzalo Folgar.El Pueblo Gallego, 11-4-1939, p. 6.
Notas
Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades sen imaxes