TRS 2 (Tetrahedron Research Satellite 2), tamén denominado ERS 5, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 9 de maio de 1963 mediante un foguete Atlas-Agena B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.

Características TRS 2 foi o segundo membro exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TRS 2 foi lanzado xunto con outros satélites no mesmo foguete, incluído o TRS 3. Levaba un único experimento a bordo consistente en 132 células solares en diferentes configuracións para investigar os efectos que o espazo tiña nelas, aínda que tamén foi usado para estudar os efectos da presión da radiación solar na órbita do satélite. TRS 2 devolveu datos sobre o experimento con células solares durante os primeiros 92 días en órbita. Foi inxectado nunha órbita inicial de 3705 km de apoxeo e 3614,7 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 87,43 graos e un período de 87,43 minutos. Reentrou na atmosfera o 11 de novembro de 2011.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites

Categoría:Environmental Research Satellites