Ankur é un filme indio de 1974, a primeira longametraxe do director Shyam Benegal e o début dos actores Shabana Azmi e Anant Nag e encádrase dentro do que se coñece na India como cinema paralelo, alternativo ao comercial indio. O argumento baséase nunha historia real que coñeceu Benegal nos seus anos mozos e para manter o realismo filmouse enteiramente na pequena aldea de Yellareddiguda, os actores exprésanse na variedade do urdú que alí se fala, o dakhini. O filme gañou tres National Film Awards e foi candidato ao Oso de Ouro no 24º Festival de Cinema de Berlín.
Personaxes Anant Nag como Surya Mirza Qadir Ali Baig como pai de Surya Prafullata Natu como nai de Surya Priya Tendulkar como Saru Shabana Azmi como Lakshmi Sadhu Meher como Kishtaya Dalip Tahil Agha Mohammed Hussain como Sheik Chand
Notas
Categoría:Filmes de 1974 Categoría:Filmes en lingua urdú Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Shyam Benegal Categoría:Filmes baseados en feitos reais