Aroa Gimeno, nada en Barakaldo o 30 de abril de 1985, é unha actriz española.
Traxectoria Estudou arte dramática, traballou ocasionalmente como modelo nalgunhas campañas publicitarias, debutando na televisión no programa ¿Hay trato? (2004) como bailarina e copresentadora con Carlos Sobera e ao ano seguinte principiou como actriz nun pequeno papel na serie Lobos de Telecinco. O seu primeiro papel protagonista foi na serie de LaSexta SMS (sin miedo a soñar) (2006-2007). Traballou tamén en Amar en tiempos revueltos (2008), 700 euros, diario secreto de una call girl (2008) e Sin tetas no hay paraíso (2009). Notas
Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Barakaldo