A granulomatose broncocéntrica (GB) é unha doenza que consiste nunha reacción granulomatosa inflamatoria e necrotizante do epitelio bronquial de arredor dos bronquios e bronquíolos. Representa unha doenza englobada dentro do tipo das eosinofilias pulmonares. É unha enfermidade pouco frecuente e de etioloxía descoñecida, denominándoselle moitas veces tamén granulomatose broncocéntrica idiopática. En proporción afecta tanto a homes como a mulleres de igual xeito. Porén, en pacientes asmáticos (aproximadamente un 50% do total), considérase que a etioloxía é unha reacción de hipersensibilidade fronte a antíxenos fúnxicos intrabronquiaisGranulomatosis broncocéntrica asociada a hidatidosis pulmonar; D. Hardissona, M. Nistal y M. Casillas., posibelmente Aspergillus. En doentes sen asma, a GB vinculouse con outras doenzas autoinmunes e infecciosas, entre elas a artrite reumatoide, a tuberculose, a equinococose, a histoplasmose, a coccidiomicose e a nocardioseHarrison Principios de Medicina Interna, 17a edición; Cap. 255: Doenzas pulmonares intersticiais; Talmadge E. King, jr..
O diagnóstico establécese mediante biopsia e mediante radioloxía, onde ofrece unha imaxe de masa tumoral. Ademais da asma, é frecuente que os pacientes con GB presenten asperxilose broncopulmonar alérxica (ABPA).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eosinofilia pulmonar Asperxilose Ligazóns externas Recursos en pubmed sobre a GB .
Categoría:Doenzas