Grupo Tojeiro é un grupo familiar de empresas creadas por Roberto Tojeiro Díaz e a súa familia.
Historia Os inicios do grupo están nun negocio familiar nas Pontes dedicado á venda de todo tipo de produtos, que co tempo medrou ata estar hoxe formado por empresas como Gadis, Reganosa, INTASA e Galparket. A facturación foi en 2009 duns 900 millóns de euros; sumando os ingresos de todo o grupo son preto de 1.300 millóns de euros.Couce, Beatriz (3/2/2011). "Tojeiro fundó el hoy segundo grupo gallego con más empleo" La Voz de Galicia .
Os investimentos do grupo Tojeiro así como os da súas empresas están baseados nas Pontes, onde teñen sede varias das súas empresas, con expansión a concellos limítrofes como San Sadurniño (Intasa), Ferrol e Mugardos (Forestal del Atlántico e Reganosa).
Reganosa Tojeiro e o seu grupo asociado coa Xunta de Galicia, Caixa Galicia e Fenosa foron os impulsores de Reganosa, a planta de gas de Mugardos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Reganosa Blog do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Ferrol