O dos ecdisozoos (Ecdysozoa) constitúe un suposto clado, ás veces considerado como un superfilo, de animais protóstomos, que inclúe a artrópodos, (insectos, quelicerados, crustáceos, miriápodos), nematodos e varios pequenos filos máis, que teñen en común a posesión dunha cutícula externa (unha película resistente formada por secreción) e crecen por mudas ou écdise, que é o que lles dá o nome.
Descrición O clado non foi definido formalmente até 1997, por Anne Marie A. Aguinaldo e colaboradores, baseándose principalmente en árbores filoxenéticas construídas utilizando 18 xenes de ARN ribosómico.
Porén, a súa pertinencia fora suxerida xa hai máis dun século, xa que os grupos que corresponden aproximadamente aos ecdisozoos foran propostos xa por Edmond Perrier en 1884,Traité de Zoologie. e por Léon Gaston Seurat en 1920, Seurat, Léon Gaston (1920): Histoire naturelle des Nématodes de la Berbérie. Première partie. Morphologie, développement, éthologie et affinités des nématodes. Alger: Impr. de S. Stamel. baseándose só na morfoloxía.
Etimoloxía O termo Ecdysozoa está formado polos elementos do latín científico ecdys- e -zoa, tirados das raíces das palabras do grego antigo ἐκδύω ekdýō 'espir', 'despoxar' e ζώον zoon 'animal', cun -o- intercalado para facilitar a pronuncia, e rematado co sufixo -a, indicando substantivo neutro plural. Literalmente: 'os animais que medran mediante mudas'.
Apoios e discrepancias Un amplo estudo publicado en 2008 por Dunn et al. apoia firmemente a suxestión de que os ecdisozoos constitúen un clado, é dicir, un grupo composto por un atepasado común e todos os seus descendentes.
O grupo tamén está apoiado nos caracteres morfolóxicos e pode considerarse que inclúe a todos os animais que mudan o seu exoesqueleto (écdise).
Pero o clado foi contestado por unha significativa minoría de biólogos. Algúns propuxeron grupos baseados nas técnicas taxonómicas máis tradicionais, mentres que outros impugnaron a interpretación dos datos moleculares.
Filoxenia A sistemática clásica agrupaba os artrópodos cos anélidos no supergrupo dos articulados (Articulata), o cal está directamente emparentado cos moluscos, os nematodos e o resto de pseudocelomados quedando, neste esquema, filoxeneticamente afastados dos articulados porque non teñen celoma, non están metamerizados etc.
Por tanto, o recoñecemento dos ecdisozoos como supergrupo dentro dos protóstomos non foi aceptado por todos os zoólogos, reticentes a adoptar un cambio tan drástico na clasificación dos animais. Non hai acordo xeral sobre a monofilia dos ecdisozoos, aínda que recentes análises cladísticos parecen demostrala.
A partir da análise conxunta de datos morfolóxicos e moleculares de Zrzavý et al. (1998),Zrzavý, J., Mihulka, S., Kepka, P., Bezdék, A. & Tietz, D. (1998): "Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence". Cladistics, 14 (3): 249-285. as relacións filoxenéticas dos ecdisozoos serían as seguintes:
Por outra parte, a árbore filoxenética dos ecdisozoos suxerida por Dunn et al. (2008) é:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lake, J. A. et al. (1997): "Evidence for a clade of nematodes, arthropods and other moulting animals. Nature 387: 489-93. Garey, J. R. (2001): "Ecdysozoa: the relationship between Cycloneuralia and Panarthropoda". Zoologischer Anzeiger, 240: 321-330. Park, J.-K.; Rho, H. S.; Kristensen, R. M.; Kim, W. & Giribet, G. (2006): "First Molecular Data on the Phylum Loricifera – An Investigation into the Phylogeny of Ecdysozoa with Emphasis on the Positions of Loricifera and Priapulida". Zoological science, 23: 943-954. Petrov, N. B. & Vladychenskaya, N. S. (2005): "Phylogeny of protostome moulting animals (Ecdysozoa) inferred from 18 and 28S rRNA gene sequences. Molecular biology (Moscova), 39 (4): 590-601. Podsiadlowski, L.; Braband, A. & Mayer, G. (2008): "The complete mitochondrial genome of the onychophoran Epiperipatus biolleyi reveals a unique transfer RNA set and provides further support for the Ecdysozoa hypothesis". Molecular biology and evolution, 25 (1): 42-51. Sørensen, M. V.; Hebsgaard, M. B.; Heiner, I.; Glenner, H.; Willerslev, E. & Kristensen, R. M. (2008): "New data from an enigmatic phylum: evidence from molecular sequence data supports a sister-group relationship between Loricifera and Nematomorpha". Journal of zoological systematics and evolutionary research'', 46: 231-239.
Outros artigos Bilaterais
Ligazóns externas Clade Ecdysozoa en Fossilworks. Ecdysozoa na ADW. Ecdysozoa na EOL. Bilateria en Tree of Life Web Project. Introduction to the Ecdysozoa web da Universidade de California, Berkeley .
Categoría:Animais