O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de disputouse en Spa-Francorchamps o 12 de xuño de 1966. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de . A carreira foi o 26 Gran Premio de Bélxica. A carreira levouse a cabo sobre 28 voltas ao circuíto de catorce quilómetros cunha distancia de carreira de 395 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto británico, campión do mundo de John Surtees pilotando un Ferrari 312 nunha carreira que se viu decimada polas condicións meteorolóxicas nas primeiras voltas. Foi a cuarta vitoria de Surtees nun Gran Premio e a primeira desde o Gran Premio de Italia de 1964. Surtees levouse a vitoria con 42 segundos de vantaxe sobre piloto austríaco Jochen Rindt que pilotaba un Cooper T81. Foi o primeiro podio do futuro campión do mundo Jochen Rindt e o primeiro para a nova combinación Cooper-Maserati o equipo de fábrica de Cooper Car Company buscou o motor V12 de tres litros de Maserati para adaptarse as novas regulacións. O compañeiro de equipo de Surtees o italiano Lorenzo Bandini terminou terceiro no seu Ferrari 246.

Cun par de podios, Bandini tomou a dianteira no campionato por un punto aos dous gañadores da carreira, Surtees e Jackie Stewart.

Resumo da carreira

A distancia da carreira reduciuse con respecto ao ano anterior, de 32 a 28 voltas. Máis da metade dos corredoreso tiveron un accidente na primeira volta debido a unha forte tormenta e quedaban só sete corredores no inicio da segunda volta. Catro pilotos derraparon e estrelaronse na curva Burnenville, onde caía un espeso muro de choiva. O Cooper T81 de Jo Bonnier pasou por unha pequena zona libre no bordo da pista e o BRM P261 de Jackie Stewart estrelouse contra un poste de teléfono e logo aterrou nunha gabia en Masta Kink, quedanto atrapado no seu BRM envorcado, encharcado ata a cintura no combustible, durante 25 minutos. Graham Hill e Bob Bondurant, ambos dos cales estaban preto de Stewart, lograron rescatalo coa caixa de ferramentas dun espectador. Jack Brabham derrapou co Brabham BT19 en Kink Masta a 135 quilómetros por hora, pero recuperou o control do coche e reincorporouse á carreira. Había moita auga na pista que se lle meteu e inundou o motor Climax de Jim Clark no seu Lotus 33 e quedou fóra da carreira tamén na primeira volta. A primeira volta levouse toda a cabo baixo bandeiras verdes. E no inicio da segunda volta, 8 dos 15 pilotos que iniciaron estaban fóra da carreira.https://www.youtube.com/watch?v=xCm3Q4_5s_o

A carreira foi filmada para a película Gran Premio. Un segmento de oito minutos da película de 1966 utiliza unha combinación de imaxes en vivo e de escenas da carreira. As imaxes en vivo mostran a Surtees, Bonnier, Bandini, Ligier, Clark e Gurney en acción. Surtees e interpretado na ficción por Jean-Pierre Sarti mentres que Bandini é por Barlini Nino. A película cóidase de non recoller a Jackie Stewart en acción, interpretado por Scott Stoddard, xa que cando se estrenou estabase recuperando do accidente case fatal a principios de tempada. O Yamura (Honda) branco de James Garner, o número 24 non aparecía na carreira real e as escenas que o mostran son parte da filmación en estudo.

Logo do seu accidente nesta carreira, Jackie Stewart comezou os seus esforzos para aumentar a seguridade nas carreiras, que se prolongaron durante décadas, sobre todo logo de que a súa influencia como piloto de carreiras de Fórmula Un crecera a través das seguintes sete tempadas que competiu na Fórmula Un.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 6 John Surtees Ferrari 28 2:09:11.3 1 9 2 19 Jochen Rindt Cooper-Maserati 28 + 42.1 2 6 3 7 Lorenzo Bandini Ferrari 27 + 1 volta 5 4 4 3 Jack Brabham Brabham-Repco 26 + 2 voltas 4 3 5 18 Richie Ginther Cooper-Maserati 25 + 3 voltas 8 2 NC 22 Guy Ligier Cooper-Maserati 24 Non Clasificado 12 NC 27 Dan Gurney Eagle-Climax 23 Non Clasificado 15 Ret 15 Jackie Stewart BRM 0 Accidente 3 Ret 20 Jo Bonnier Cooper-Maserati 0 Accidente 6 Ret 16 Mike Spence Lotus-BRM 0 Accidente 7 Ret 14 Graham Hill BRM 0 Accidente 9 Ret 10 Jim Clark Lotus-Climax 0 Motor 10 Ret 8 Bob Bondurant BRM 0 Accidente 11 Ret 4 Denny Hulme Brabham-Climax 0 Accidente 13 Ret 21 Jo Siffert Cooper-Maserati 0 Accidente 14 NTS 24 Bruce McLaren McLaren-Serenissima Coxinete da roda nas prácticas NTS 11 Peter Arundell Lotus-BRM Motor NTS 8 Vic Wilson BRM Coche pilotado por Bondurant

Posicións logo da carreira

Clasificación do Campionato de pilotos PosPilotoPuntos 10px 1 1 Lorenzo Bandini 10 10px 1 2 Jackie Stewart 9 10px 4 3 John Surtees 9 10px 3 4 Jochen Rindt 6 10px 2 5 Graham Hill 4

Clasificación do Campionato de Construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 1 Ferrari 15 10px 1 2 BRM 9 10px 3 Cooper-Maserati 6 10px 4 Brabham-Repco 3

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bélxica Categoría:Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1