Manuel Pérez Rúa, nado o 2 de abril de 1956 en Moaña, é un sociólogo e ensaísta galego.
Traxectoria Sociólogo, traballou nun estaleiro naval ata a reconversión industrial dos anos 1980, pasando logo a ser coordinador cultural do concello de Moaña. Realizou estudos sociolóxicos relacionados co campo sociocultural e urbanístico.
Obra en galego Ensaio Moaña (1991). Vigo: Ir Indo. Domingos de calcetíns brancos (2010). Vigo: Galaxia. Galicia, 1981-2021. Autonomía, sociedade e cultura. Conversas con Xosé Luís Barreiro e Ramón Villares (2023). Vigo: Galaxia. 370 páxs. ISBN 978-84-1176-143-7.
Obras colectivas Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña, 1988, Concello de Moaña. Con Xan Bouzada. Galicia, S. L., 1995, Xerais. Políticas culturais e creación artística a nivel local, 2007, Deputación da Coruña.
Premios Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2009, por Domingos de calcetíns brancos.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Galaxia
Categoría:Sociólogos de Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes