OV5 1 (Orbiting Vehicle 5 1), tamén denominado ERS 27, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 28 de abril de 1967 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.

Características OV5 1 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. O labor de OV5 1 consistiu en monitorizar os raios X solares (a lonxitudes de onda de entre 2 e 14 ángstroms e enerxías de entre 33 e 90 KeV) e os protóns provenientes das erupcións solares. Como misión secundaria, OV5 1 medíu as partículas do contorno terrestre con enerxías de entre 1 e 80 MeV (para protóns) e 0,04 a 3,3 MeV (para electróns). O satélite tiña forma de octaedro cunha distancia de 29,3 cm entre cada beira triangular e estabilizábase mediante xiro a 12 r.p.m. Cada unha das oito facetas triangulares estaba recuberta por 102 células solares que en conxunto producían unha potencia total de 4 vatios.

A bordo levaba seis tubos Geiger, dous contadores de plástico de centeleo, un detector de silicio, un detector de barreira de superficie e un detector de ioduro de sodio rodeado por plástico de centeleo. A temperatura do satélite regulábase pasivamente e a posición do satélite respecto Sol determinábase mediante un sensor solar a bordo. O satélite deixou de transmitir en xuño de 1968 polo apagado do transmisor mediante un contador preprogramado. OV5 1 foi inxectado nunha órbita inicial de 111.242 km de apoxeo e 8590 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,9 graos e un período de 2831,0 minutos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites

Categoría:Environmental Research Satellites