miniatura|250px|Capas dunha película fotográfica en cor.
No uso común, o termo película fotográfica refírese a unha emulsión que contén unha substancia sensible á luz como nitrato de prata sobre unha capa plástica. As máis modernas capas fotosensibles son de sales de prata cun tamaño variable do cristal que afecta á sensibilidade da película. Cando esta emulsión é sometida a unha exposición controlada de luz ou raios X unha fotografía pode imprimirse nela. É entón cando os procesos químicos do revelado han de aplicarse á película para crear unha imaxe estable e inalterable en futuras exposicións á luz.
A fotografía en branco e negro usa unha soa capa de prata, mentres que as películas en cor usan tres capas.
Terminoloxía O termo película ou filme na súa definición máis xenérica fai referencia a substancias que poden ser aplicadas, como finas peles ou membranas. Algunhas ata poden ser tan finas como unha capa monomolecular. Debido a que a película fotográfica foi indispensable para a realización de películas de animación, o termo tamén se estendeu a este ámbito.
Compañías que desenvolven películas fotográficas Agfa Efke Foma Forte Ferrania Fujifilm Ilford Kodak Konica Maco Orwo Polaroid
Notas
Véxase tamén
Cámara fotográfica Cinematógrafo Formato de 35mm Filme Microfilme Microforma
Categoría:Fotografía