Eduardo e Cristina é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini sobre un libreto en italiano de Andrea Leone Tottola e Gherardo Bevilacqua Aldobrandini adaptado do libreto Odoardo e Cristina (1810) obra de Giovanni Schmidt para a música de Stefano Pavesi. Foi estreada no Teatro San Benedetto de Venecia o 24 de abril de 1819.
A partitura é un pastiche realizado a partir de música doutras obras, completado cuns poucos números novos. A súa abertura pode escoitarse ocasionalmente nas salas de concertos.
Historia Esta ópera pastiche foi composta con gran celeridade para a súa estrea, que tivo lugar menos dun mes despois da estrea de Ermione. Rossini arranxou "19 de 26 números musicais"Osborne, Charles, p. 92 doutras obras, incluídas Adelaide di Borgogna, Ricciardo e Zoraide, Mosè en Egitto así como a propia Ermione.
A estrea da ópera tivo lugar no Teatro San Benedetto de Venecia o 24 de abril de 1819, e tivo 24 representacións esa tempada antes de ser revivida ao ano seguinte no máis prestixioso Teatro La Fenice.Osborne, Charles, p. 93 Ironicamente, mentres que Ermione non foi particularmente ben recibida, Eduardo e Christina foi moi favorable. Aparéntemente, a primeira representación foi tan ben recibida que durou seis horas, dado o gran número de repeticións.Holden, p. 785
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 24 de abril de 1819(Director: )Carlo, rei de SueciatenorEliodoro BianchiCristina, súa filla e muller secreta de EduardosopranoRosa MorandiEduardo, xeneral do exército sueco contraltoCarolina CortesiGiacomo, príncipe de EscociabaixoLuciano BianchiAtlei, capitán de garda real e amigo de EduardobaixoVincenzo FracaliniGustavo, pequeno fillo de Eduardo e CristinamimoLa sua governantemimoCoro de cabaleiros, damas, damiselas, gardas reais, oficiais, soldados, pobo, prisioneiros
Orquestración A partitura de Rossini require da utilización de: 2 frautas (tamén piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots 2 trompas, 2 trompetas, 3 trombóns timbais, bombo, pratos, ferriños Archi Banda en escena
Estrutura Sinfonia
Acto 1 1 Introduzione Giubila, o patria, omai (Coro, Atlei, Giacomo, Cristina, Carlo) 2 Coro, scena e cavatina Serti intrecciar le vergini - Vinsi, ché fui d'eroi (Eduardo) 3 Coro e aria O ritiro che soggiorno - È svanita ogni speranza (Cristina) 4 Duetto In que' soavi sguardi (Cristina, Eduardo) 5 Coro Vieni al tempio 6 Scena e cavatina D'esempio all'alme infide (Carlo, Coro) 7 Finale primo A che, spietata sorte (Coro, Carlo, Cristina, Giacomo, Eduardo, Atlei)
Acto 2 8 Introduzione Giorno terribile (Coro) 9 Coro Impera severa 10 Aria Questa man la toglie a morte (Giacomo) 11 Scena e duetto Ahi, qual orror, oh stelle! (Cristina, Carlo) 12 Coro, scena e cavatina Nel misero tuo stato - La pietà che in sen serbate (Eduardo) 13 Scena e duetto Arresta il colpo - Ah, nati è ver noi siamo (Cristina, Eduardo, Coro) 14 Battaglia 15 Duetto Come? Tu sei? (Carlo, Eduardo) 16 Finale Or più dolci intorno al core (Carlo, Eduardo, Cristina, Giacomo, Atlei, Coro)
Gravacións AnoElenco(Carlo, Eduardo, Giacomo, Atlei)Director,Teatro de ópera e orquestraSeloGravacións de Eduardo e Cristina en operadis-opera-discography.org.uk 1997 Omar Jara,Eliseda Dumitru,Konstantin Gorny,Jorge Orlando GómezFrancesco Corti,I Virtuosi di Praga(Gravado durante unha representación no Wildbad Festival en xullo)CD de son: BongiovanniCat: GB 2205/2206-2
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4 Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregon: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3 Osborne, Richard: "Eduardo e Cristina" in The New Grove Dictionary of Opera, Stanley Sadie (Ed.). Londres: MacMillan, 1992 ISBN 0-333-73432-7
Ligazóns externas Libreto Almanaque de Amadeusonline.net
Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Venecia Categoría:Óperas de 1819