A Feast for Crows é a cuarta novela da serie de fantasía épica A Song of Ice and Fire, obra do autor estadounidense George R. R. Martin. A novela foi publicada por vez primeira o 17 de outubro de 2005 no Reino Unido, seguida da publicación nos Estados Unidos o 8 de novembro de 2005.

En maio de 2005, Martin anunciou que o "gran tamaño" do seu manuscrito aínda inacabado de A Feast for Crows motivou que el e os seus editores dividisen a novela en dous libros. No canto de dividir o texto á metade de xeito cronolóxico, Martin optou por dividir o material atendendo ós personaxes e ás localizacións, provocando que as dúas novelas "teñan lugar simultaneamente". A Feast for Crows foi publicado meses despois, e a novela seguinte, A Dance with Dragons, o 12 de xullo de 2011. Martin tamén sinalou que a serie de A Song of Ice and Fire tería con toda probabilidade sete partes.

A Feast for Crows foi o primeiro libro da serie en acadar o número 1 na lista de mellor vendidos do The New York Times, un feito para os escritores de fantasía que só conseguira antes que el Robert Jordan e Neil Gaiman. No 2006, a novela foi nomeada ó Hugo Award, ó Locus Award, e ó Premio da British Fantasy Society.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de George R. R. Martin

Categoría:A Song of Ice and Fire Categoría:Novelas de George R. R. Martin Categoría:Obras literarias de 2005 Categoría:Obras literarias en inglés