Airam López Cabrera, coñecido como Airam, nado o 21 de outubro de 1987 en Puerto de la Cruz (Tenerife, Canarias), é un futbolista profesional español que actualmente xoga de dianteiro no Cádiz.

Traxectoria Airam comezou a súa traxectoria no mundo do fútbol nas categorías inferiores do CD Tenerife, onde estivo oito anos con dúas cesións (aos xuvenís de Los Llanos e ao Laguna). En terceira división, no terceiro equipo do Tenerife anotou nunha tempada 24 goles na Terceira División, mellorando o seu rexistro ao ano seguinte en Segunda B con 27, aínda que non consegue evitar o descenso do seu equipo, moi limitado para a categoría.

En 2010O pistoleiro Airam chega "cunhas gañas tremendas" asina como novo artilleiro do Villarreal B da Segunda División de cara á tempada 2010/11. O 31 de xaneiro de 2012, a falta de dúas horas para o peche do mercado invernal, e tras rescindir o seu contrato co equipo castellonense, fai oficial a súa fichaxe polo Córdoba CF, onde permanecería até o mes de xuño.

O 31 de xullo de 2012 confírmase a súa fichaxe polo CD Numancia de cara á tempada 2012-13, comezando unha nova tempada como diateiro do club soriano que dura até o 10 de xaneiro de 2013, onde tras non ter moita participación co equipo rescinde o seu contrato e asina co Club Deportivo Lugo da mesma categoría. O 30 de marzo de 2013 converteuse no primeiro xogador do Lugo en conseguir un hat-trick na Segunda División. Con todo, non volveu anotar ningún gol no resto da Liga, finalizando o seu contrato no Lugo, que non lle ofrece a renovación, e asinando co Cádiz da Segunda B.

Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesLagunaTerceira2007-20083817Tenerife BTerceira2008-20093724Tenerife BSegunda B2009-20103727Villarreal BSegunda2010-2011305Villarreal BSegunda2011-2012184CórdobaSegunda2012163NumanciaSegunda2012-2013120LugoSegunda2013183CádizSegunda2013-2014

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com Datos do xogador en resultados-futbol.com

Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Tenerife B Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Nados en 1987 Categoría:Xogadores do CD Laguna Categoría:Nados en Tenerife Categoría:Xogadores do Anorthosis Famagusta FC