TTS 4 (Test and Training Satellite 4), tamén coñecido como TETR 4, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 29 de setembro de 1971 mediante un foguete Delta N desde Cabo Cañaveral.
Características TTS 4 foi un dos membros exitoso da familia de satélites ERS (Environmental Research Satellites), pequenos satélites lanzados como carga secundaria xunto satélites máis grandes para facer probas tecnolóxicas e estudos do contorno espacial. TTS 4 foi lanzado no mesmo foguete que o satélite OSO 7 e expulsado ao cumprirse o primeiro minuto da ignición da terceira etapa. A súa función foi servir de satélite de adestramento para as estacións terrestres asignadas ó proxecto Apollo antes da misión Apolo 16, para o cal levaba a bordo un transpondedor de 0,5 vatios en banda S. Tiña forma de octaedro duns 30 cm de lado e a alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que recargaban as baterías de a bordo, de níquel-cadmio. TTS 4 foi inxectado nunha órbita inicial de 571 km de apoxeo e 391 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 33,0 graos e un período de 94,3 minutos. Reentrou na atmosfera o 19 de setembro de 1978.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Environmental Research Satellites
Categoría:Environmental Research Satellites