The Gathering é unha banda neerlandesa de rock alternativo, fundada no ano 1989 polos irmáns Hans e René Rutten e o vocalista Bart Smits na pequena cidade de Oss.

Os primeiros lanzamentos de The Gathering caracterízanse por un death/doom metal atmosférico, inspirado por artistas do underground como Celtic Frost e Hellhammer. A entrada no grupo da vocalista Anneke van Giersbergen en 1994 marcou unha evolución no estilo musical de The Gathering, aproximándose máis cara estilos como o shoegaze, o post rock, o rock experimental e os sons máis etereos das bandas do selo 4AD, como Dead Can Dance ou Cocteau Twins, ademais de grupos como Pink Floyd e Massive Attack. O seu son adquirría características ro rock progresivo o rock alternativo e o trip rock, aumentando o seu éxito e recoñecemento fóra de Europa.

En agosto do ano 2007 Anneke van Giersbergen deixou a banda para centrarse no seu proxecto en solitario Agua de Annique. O 12 de marzo do 2009 The Gathering anunciou que a súa substituta sería a vocalista Silje Wergeland (ex-Octavia Sperati).

Discografía Álbum Ano Selo Always... 1992 Foundation 2000 Almost a Dance 1993 Foundation 2000 Mandylion 1995 Century Media Nighttime Birds 1997 Century Media How to Measure a Planet? 1999 Century Media if then else 2000 Century Media Souvenirs 2003 Psychonaut Records Home 2006 Noise Records/The End The West Pole 2009 Psychonaut Records Disclosure 2012 Psychonaut Records Afterwods 2013 Psychonaut RecordsBeautiful Distortion2022Psychonaut Records

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais dos Países Baixos Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais de metal gótico Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1989 Categoría:Artistas de Century Media Records Categoría:Grupos musicais de doom metal