The Quest é un filme estadounidense dirixido e protagonizado por Jean-Claude Van Damme que se estreou en 1996. É o primeiro filme dirixido por Van Damme e o argumento baséase nun torneo internacional de artes marciais.
Sinopse Van Damme interpreta a Christopher Dubois, un pallaso acróbata e carteirista que vive nas rúas de Nova York en 1925. Despois de roubarlle á mafia, debe escapar da cidade como polisón nun barco. É finalmente descuberto pola tripulación e posto en prisión por contrabandistas e piratas. É rescatado por un mercenario británico chamado Lord Edgar Dobbs (Roger Moore), que logo o vende como escravo a unha illa onde Dubois aprende o estilo de pelexa tailandés, o muay thai. Dobbs axuda a Dubois, mercando a súa liberdade para que o agora experto poida representar ós Estados Unidos nun kumite celebrado nunha cidade perdida do Tíbet, onde representantes de diferentes países como Alemaña, a Unión Soviética, Escocia, España, Turquía, Brasil, Siam, Corea, Grecia, Francia, China, Xapón, Okinawa, África e Mongolia combaten pola eliminación, e o gañador do torneo recibe unha valiosa estatua dun Dragón de ouro puro.
Personaxes Jean-Claude Van Damme como Christopher Dubois Roger Moore como Lord Edgar Dobbs Janet Gunn como Carrie Newton James Remar como Maxie Devine Jack McGee como Harri Smythe Aki Aleong como Khao Abdel Qissi como Khan, o loitador mongol Louis Mandylor como Riggi Chang Ching Peng Chaplin como Mestre Tchi Ryan Cutrona como Oficial O'Keefe César Carneiro como Loitador brasileiro Peter Wong como Loitador chinés Kōji Kitao como Loitador xaponés
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Randy Edelman Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Tailandia Categoría:Filmes ambientados en 1925