En taxonomía (a ciencia biolóxica da clasificación dos seres vivos), dise que un taxon é holofilético cando inclúe non só ao antepasado común dos seus membros, senón a todos os seus descendentes. Esta situación denomínase holofilia (do grego ὅλος hólos, "todo", "enteiro", e φυλή phylé, "tribo", "grupo de individuos"). Grupo holofilético é sinónimo de clado.
Todos os taxonomistas rexeitan o uso de grupos polifiléticos na clasificación, pero aqueles que aproban o uso de grupos parafiléticos, consideran que tanto estes como os holofiléticos deben ser considerados monofiléticos.
Porén, outros especialistas, seguidores da escola cladista, consideran que só os grupos holofiléticos son realmente monofiléticos, e definen a monofilia en consecuencia. Así, propoñen o termo holofilético para substituír, de forma semanticamente correcta, ao termo monofilético en cladística (que difire do uso que se fai na sistemática evolutiva).
Porén, o termo holofilético non gañou unha ampla aceptación na comunidade científica probabelmente porque o termo monofilético úsase amplamente co mesmo significado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Tudge, Colin (2000): The Variety of Life. Oxford University Press. ISBN 0-19-860426-2.
Outros artigos Clado Monofilético Parafilético Polifilético Taxonomía
Ligazóns externas Funk, D. J. e Omland, K. E. (2003): "Species-level paraphyly and polyphyly: Frequency, cause and consequences, with insights from animal mitochondrial DNA". Annu. Rev. Ecol. Evol. Syst. 34: 397–423. Artigo en PDF Consultado o 15/01/2013.
Categoría:Filoxenia Categoría:Taxonomía Categoría:Termos zoolóxicos