O Queens Park Rangers Football Club, coñecido tamén coma QPR, é un equipo de fútbol profesional da cidade de Londres, Inglaterra. Xogan actualmente na Premier League. Foron campións da League Cup en 1967, foron subcampións na antiga First Division na tempada 1975–76, e chegaron á final da FA Cup en 1982.

O Queens Park Rangers Football Club foi fundado en 1886 tras a fusión do Christchurch Rangers e do St. Judes Institute, e as súas cores tradicionais son o azul e o branco. Nos primeiros anos tras a formación do club, xogaban os partidos en diferentes campos ata que finalmente se asentaron no Loftus Road Stadium. Debido á súa proximidade con outros clubs do oeste de Londres, o QPR mantén antigas rivalidades con varios equipos da zona, sendo os máis salientables o Chelsea, Fulham e Brentford. Fóra de Londres, o QPR mantén tamén unha rivalidade co Watford.

Xogadores Cadro actual Actualizado a 31 de xaneiro de 2020.First Team

Palmarés Nacional Liga Football League Championship e predecesoras: 2 1982–83; 2010–11 Football League One e predecesoras: 2 1947–48; 1966–67

Copas Football League Cup: 1 1966–67

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial