Ribeirão Preto é unha importante cidade situada no norte do estado de São Paulo non moi distante da fronteira con Minas Xerais, no sueste do Brasil. Con máis de 500.000 habitantes (novena cidade do estado de São Paulo en poboación total), é unha importante cidade industrial (especialmente en fábricas de equipamentos médicos e fármacos, alimentos e bebidas, caucho e plásticos), comercial e de servizos, e importante centro da agroindustria de cana de azucre, soia, café e laranxa. Debido á riqueza xerada pola súa fruticultura, é coñecida polo cariñoso alcume de a California brasileira.

A cidade posúe unha universidade pública: o campus da Universidade de São Paulo (USP) de Ribeirão Preto. Hai tamén algunhas outras universidades particulares, o que converte a cidade nun importante centro de vida universitaria. Para este gran número de estudantes, a cidade ofrece variadas opcións de lecer, como bares e vida nocturna.

miniatura|esquerda|245px|Centro da cidade de Ribeirão Preto.

Véxase tamén Ligazóns externas Prefeitura Municipal de Ribeirão Preto

Ribeirao Preto