Ancenis (en ) foi un concello francés do departamento do Loira Atlántico dentro da rexión País do Loira. O 1 de xaneiro de 2019, fusionouse nunha nova comuna, Ancenis-Saint-Géréon.

Xeografía A vila está situada no leste do departamento, a 35 km de Nantes. Está atravesada polo río Loira, e a primeira foi construída entre 1838 e 1939; a segunda ponte foi inaugurada en 1953.

Patrimonio arquitectónico Castelo, construído en 984 por Aremberge, esposa do duque da Bretaña. Foi parcialmente derruído no século XV. Inscrito como monumento histórico en 1977 foi restaurado en parte. Ponte Anjou-Bretagne, ponte colgante sobre o río Loira, construída en 1952 substituíndo unha antiga ponte de madeira do século XIX. Mámoa da "Pierre Couvretière", megálito datado no IV milenario ane.

Cidades irmandadas , Kirkham (1973) , Bad Brückenau (1981)

Notas

Categoría:Antigos concellos do departamento do Loira Atlántico