miniatura|dereita|200px|A antiga e a nova catedral A Catedral de Coventry, tamén coñecida como Catedral de San Miguel, é a sé do bispo de Coventry et da diocese de Coventry, situada en Coventry, Midlands do Oeste, Inglaterra.
A cidade tivo tres catedrais. A primeira foi a de Santa María, un convento, do cal só quedan algunhas ruínas. A segunda foi a de San Miguel, unha igrexa anglicana, que recibiu o nome de catedral posteriormente. Desta aínda queda a estrutura externa, despois de que a bombardearan na segunda guerra mundial. A terceira e actual Catedral de San Miguel construíuse trala destrución da anterior. Esta catedral é famosa na arquitectura do século XX.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Coventry