miniatura|Escápula. A fractura escapular ou fractura da omoplata é unha fractura do óso chamado escápula ou omoplata, no ombreiro. A escápula é un óso par, e localizado nun lugar protexido do corpo, polo que a súa lesión ben é moi rara, ben é debido a traumatismos de alta enerxía coma accidentes de tránsito. Debido a esta característica, esta fractura adoita acompañerse doutras fracturas e lesións asociadas sobre todo do tórax e das extremidades superiores. Os signos e síntomas son moi similares ás das demais fracturas e inclúen dor, rixidez, e impotencia funcionar na área da fractura. Os síntomas, aínda así, poden tardar días en aparecer. As téxnicas de imaxe como os raios X empréganse para diagnosticar a fractura escapular, pero o estudo da lesión non se debe limitar á escápula xa que é moi frecuente que se presenta asociada a outras fracturas. As fracturas asociadas en maior medida á fracturas escapular son: lesións torácicas, contusións pulmonares, hemotórax, pneumotórax, fracturas costais, fracturas de clavícula e lesións neurovasculares. De feito hai unha tríade típica dos accidentes de circulación que é a propia fractura da escápila con fracturas costais e hemotórax ou pneumotórax.

Clasificación miniatura|Partes da escápula.

Para coñecer a anatomía da escápula ver: Omoplata

As fracturas de omoplata clasifícanse polo lugar anatómico desta onde se producen. A gravidade da fractura será maior se afecta a partes da escápula que estean en contacto con articulacións ou ligamentos, e será menor en zonas onde non exista compromiso articular, como no corpo ou na espiña escapular. Así pois, anatomicamente a fractura pode producirse en diferentes lugares establecendo así o tipo de fractura: Tipo A, as que afectan ao corpo da escápula. Tipo B, as que afectan ao colo da escápula. Tipo C, as que afectan á cavidade glenoide da escápula. Tipo D, as que afectan ao acromion. Tipo E, as que afectan á espiña escapular. Tipo F, as que afectan á apófise coracoide da escápula.

Síntomas Igual que nos demais tipos de fracturas, a fractura escapular causa dor localizada na área da fractura, neste caso a omoplata. Tamén causa debilidade e crepitacións. Pode existir imposibilidade para mover o ombreiro ou elevar o brazo. Os signos e os síntomas poden estar acompañados doutros síntomas procedentes doutras fracturas ou lesións, por mor da existencia de politraumatismos e múltiples lesións.

Diagnóstico A maioría das fracturas escapulares poden diagnosticarse por medio de raios X. Porén, a coexistencia doutras fracturas de maior gravidade nos pacientes con fractura de escápula, poden distraer ou atrasar o diagnóstico, mesmo pasalo por alto. Para un correcto diagnóstico con raios X é preciso realizar unha tríade de proxeccións, que inclúen: proxección anteroposterior, oblicua cefálica en 45º e perfil en Y. Tamén é preciso realizar unha raiografía de tórax para valorar a presenza de fracturas costais, pneumotórax, e outras lesións asociadas. A tomografía computadorizada tamén é de utilidade nas lesións escapulares. A resonancia permite valorar ademais a musculatura e os vasos e nervios da omoplata.

Tratamento O tratamento dependerá do tipo e da gravidade da fractura. Polo xeral, trátase de establecer un tratamento ortopédico con xeso. Porén, hai determinadas fracturas que, polas súas características, han de ser tratadas cirúrxicamente. Estas son:

Fracturas intraarticulares da cavidade glenoide da escápula (tipo C). Fracturas do acromion (tipo D). Fracturas da apófise coracoide da escápula nas que haxa luxación do ligamento acromioclavicular superior ou do ligamento acromioclavicular inferior (tipo F). Fracturas anguladas do colo (tipo B).

Véxase tamén Outros artigos Fractura Omoplata

Categoría:Fracturas