Daniel Carter (Uncle Dan) Beard, nado en Cincinnati o 21 de xuño de 1850 e finado en Suffern o 11 de xuño de 1941, foi un ilustrador, escritor e reformador social norteamericano.
Traxectoria Fillo do pintor James H. Beard, medrou en Covington, Kentucky. En 1878 estableceu con dous irmáns o seu propio estudo en Nova York, no que realizaron ilustracións para xornais e libros, entre eles as ilustracións da primeira edición de Un ianqui de Connecticut na corte do rei Artur de Mark Twain. En 1905 fundou a organización Sons of Daniel Boone, precursora dos Boy Scouts. Cando se fundaron os Boy Scouts of América en 1910 integrou a súa organización nesta e converteuse nun dos seus líderes.
Obra American Boy's Handy Book, 1882, 1903 The American Girl's Handy Book, 1887 The American Boy's Book of Sport, 1890 Moonlight and Six Feet of Romance, 1892 The Outdoor Handy Book , 1896 Jack of All Trades, 1900, 1904? Field and Forest Handy Book, 1906 Animal Book and Campfire Stories, 1907 Boy Pioneers and Sons of Daniel Boone, 1909 Boat, Building, and Boating, 1912 Shelters, Shacks, and Shanties, 1914 The American Boy's Book of Bugs, Butterflies and Beetles, 1916 The American Boy's Book of Sign's, Signals and Symbols, 1918 The American Boy's Book of Camp-Lore and Woodcraft, 1920 The American Boy's Book of Wild Animals, 1921 The Black Wolf-Pack , 1922, American Boy's Book or Birds and Brownies of the Woods, 1923 Do It Yourself, 1925 Wisdom of the Woods, 1926, 1927? Buckskin Book For Buckskin Men and Boys, 1929 Hardly A Man is Now Alive, 1939 (autobiografía)
Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Cincinnati, Ohio Categoría:Nados en 1850 Categoría:Finados en 1941