Mariano Pérez Retamar, nado en Sevilla o 19 de agosto de 1919 e finado o 17 de outubro de 1997, foi un futbolista andaluz que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Fichou polo Celta de Vigo en xullo de 1945 procedente do Racing de Santander e despois de xogar noutros equipos de Primeira División. Debutou en competición oficial no primeiro encontro o 23 de setembro, nunha tempada na que foi o terceiro xogador máis utilizado, anotando 9 tantos pese a xogar como extremo.
Nas catro tempadas que militou no Celta formou parte do equipo que na tempada 1947/48 logrou o cuarto posto no campionato ligueiro e o subcampionato da Copa do Rei. O equipo loitou pola Liga ata as últimas xornadas, conseguindo importantes vitorias como 1-4 contra o Real Madrid.
Xogou o seu último encontro co Celta o 21 de abril de 1949 nos oitavos de final da Copa do Rei ante o RCD Espanyol. Despois fichou polo RCD Mallorca, máis tarde xogaría no Recreativo de Huelva e no Levante.
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Levante UD