Vicente Varela Radío, nado en Pontevedra o 18 de novembro de 1883 e finado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1950Necrolóxica en La Noche, 17-7-1950, p. 2., foi un médico e político galego.

Traxectoria Foi presidente do Centro Republicano de Santiago de Compostela antes da proclamación da Segunda República. Militante da ORGA e amigo de Casares Quiroga, foi nomeado nomeado gobernador civil de Pontevedra o 17 de abril de 1931 e o 5 de agosto gobernador civil de Ourense, posto no que permaneceu ata o 21 de xullo de 1932. Ese ano, ao ser nomeado director do Hospital Clínico de Santiago de Compostela abandonou a actividade política, aínda que posteriormente militou en Izquierda Republicana.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído do seu posto de director e sufriu incautación de bens así como varias multas. En xullo de 1937 foi detido e encarcerado por pertenza á Loxa Libredón nº 6 de Santiago de Compostela. En 1942 o Tribunal Especial para a represión da Masonería condenouno a doce anos e un día de reclusión menor, que logo lle foi rebaixada a seis de prisión maior. Cumpriu a pena no penal de Santa María (Cádiz) entre xaneiro e decembro de 1943. Ao saír do cárcere foi confinado en Pontevedra ata 1947.

Vida persoal Casou con Eugenia Pol Sánchez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Médicos de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes