right|thumb|Picea mariana right|thumb|Cono de Picea sitchensis As piceas son un xénero de coníferas: Picea pertencentes á familia Pinaceae que conta cunhas 35 especies. Son árbores entre 20 e 60 metros con porte piramidal, follas illadas, planas ou tetragonais a xeito de agulla e estróbilos pendurados que non se disgregan até madurar. Entre os seus representantes máis coñecidos atopamos a Picea abies, o abeto vermello ou abeto rubio europeo, empregado comunmente en Galicia como árbore de Nadal; ou a Picea glauca. A meirande parte das especies do xénero son árbores lonxevas e que medran amodo. Ademais do uso ornamental, en xardinaxe e como árbore de Nadal, a madeira é de boa calidade (uso madeireiro e silvícola) e serve na construción, así como para fabricar instrumentos musicais, como violíns ou guitarras.http://www.elnortedecastilla.es/v/20100305/opinion/bosque-violines-20100305.html

Clasificación A análise do ADNRan, J.-H., Wei, X.-X. & Wang, X.-Q. 2006. Molecular phylogeny and biogeography of Picea (Pinaceae): Implications for phylogeographical studies using cytoplasmic haplotypes. Mol Phylogenet Evol. 41(2): 405–19.Sigurgeirsson, A. & Szmidt, A.E. 1993. Phylogenetic and biogeographic implications of chloroplast DNA variation in Picea. Nordic Journal of Botany 13(3): 233–246. demostrou que as clasificacións tradicionais baseadas na morfoloxía da acícula e no estróbilo son artificiais. Un estudo recente encontrou que P. breweriana ten unha posición basal, seguida por P. sitchensis, e mais as outras especies dividíronse en tres clados, o que suxire que a Picea se orixinou en América do Norte.

Hai trinta e cinco especies nomeadas de piceas. Clado I Picea breweriana. Montes Klamath, América do Norte; endemismo local.

Clado II Picea sitchensis Picea de Sitka. Costa do Pacífico de América do Norte; a especie de maior tamaño, até 95 m de alto; importante en silvicultura.

Clado III Picea engelmannii . Montañas de América do Norte occidental; importante en silvicultura. Picea glauca Picea branca. América do Norte setentrional; importante en silvicultura.

Clado IV Picea brachytyla. Suroeste da China. Picea chihuahuana. Nordés de México (rara). Picea farreri. Nordés de Birmania, suroeste da China (montañas). Picea likiangensis. Suroeste da China. Picea martinezii. Nordés de México (moi rara, en perigo). Picea maximowiczii. Xapón (rara, montañas). Picea morrisonicola. Taiwán (alta montaña). Picea neoveitchii. Noroeste da China (rara, en perigo). Picea orientalis Picea oriental. Cáucaso, nordés de Turquía. Picea purpurea. Oeste da China. Picea schrenkiana. Montañas do centro de Asia. Picea smithiana. Himalaia occidental. Picea spinulosa. Himalaia oriental. Picea torano. Xapón. Picea wilsonii. Oeste da China.

Clado V Picea abies Abeto vermello, abeto do norte, abeto rubio, falso abeto, picea común, picea norueguesa. Europa; importante en silvicultura. É a árbore de Nadal orixinaria. Picea alcoquiana ("P. bicolor"). Xapón central (montañas). Picea alpestris. Os Alpes en Europa; rara, a miúdo tratada coma unha variedade de P. abies (hibrídase con ela), mais cos conos distintos. Picea asperata. China occidental; varias variedades. Picea crassifolia. China. Picea glehnii. Xapón setentrional, Sakhalín. Picea jezoensis. Nordés de Asia, Kamchatka sur até o Xapón. Picea koraiensis. Corea, nordés da China. Picea koyamae Picea de Koyama. Xapón (montañas). Picea mariana Picea negra. América do Norte setentrional. Picea meyeri. Picea obovata. Norte de Escandinavia, Siberia. A miúdo tratada coma unha variedade de P. abies (hibrídase con ela) mais os conos son distintos. Picea omorika Picea de Serbia. Serbia; endemismo local; importante en horticultura. Picea pungens Picea do Colorado ou picea azul. Montañas Rochosas, América do Norte; importante en horticultura. Picea retroflexa. China. Picea rubens Picea vermella americana. América do Norte nororiental; importante en silvicultura.

Véxase tamén Notas

Ligazóns externas

Categoría:Coníferas Categoría:Plantas ornamentais