Juan Francisco García García máis coñecido como Juanfran, nado o 15 de xullo de 1976 en Rafelbunyol (Valencia), é un exfutbolista e adestrador de fútbol profesional. Actualmente adestra a Ponferradina, da Segunda División.
Traxectoria Formouse no Levante UD co que conseguiu o ascenso a Segunda División, aínda que pronto ficha polo Valencia CF co que debuta en Primeira División. Na súa estancia en Valencia gañou a Copa do Rei e a Copa Intertoto na tempada 1998-1999.
No ano 1999 ficha polo Celta de Vigo, a onde chegou como promesa pero pronto se afianzou no equipo titular para substituír a Rafael Berges, e se gañou á afección grazas ao seu reborde físico no campo.
En Vigo viviu os grandes momentos da final da Copa do Rei no ano 2001, a Copa Intertoto de 2001 ou a clasificación para a Liga de Campións, mais tamén sufriu o descenso a Segunda División, na que sería a súa última tempada en Vigo, sendo traspasado ao Beşiktaş JK turco adestrado por Vicente del Bosque. Porén, coa marcha do adestrador madrileño ao ano seguinte tamén se produciu a do xogador, que fichou polo Ajax Amsterdam. En Holanda gañou a Copa e a Supercopa.
No verán de 2006 volveu a España fichando polo Real Zaragoza, aínda que non tería continuidade e tras ser apartado do club pola directiva fichou polo AEK Atenas FC, proclamándose subcampión de Liga. No mercado de inverno de 2010 Juanfran fichou polo Levante UD en calidade de cedido, club polo que acabou fichando en propiedade e no que rematou retirándose en 2016.
Coa Selección de fútbol de España foi internacional en 11 encontros oficiais ademais de participar nas categorías inferiores, participou na Eurocopa de Fútbol Sub-21 de 1998, e xa na selección absoluta nas Eurocopas de 2000 e 2004 e no Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002.
Clubs ClubPaísAnoPartidosGolesCD Miguel Gómez Galan SerranosEspañaIniciosLevante UDEspaña1993-1997521Valencia CFEspaña1997-1999540Real Club Celta de VigoEspaña1999-20041769Beşiktaş JK Turquía2004-2005191 Amsterdamsche Football Club AjaxPaíses Baixos2005-2006210Real ZaragozaEspaña2006-2008710AEK Atenas FC Grecia2008-2009260Levante UD España2009-20161922
Ficha Juanfran http://www.bdfutbol.com/es/j/j1636.html
Palmarés Campionatos nacionais
TítuloEquipoPaísAnoCopa do ReiValencia CFEspaña1998-1999Copa dos Países BaixosAjaxPaíses Baixos2005-2006Supercopa dos Países BaixosAjaxPaíses Baixos2005-2006
Campionatos internacionais TítuloClubRexiónAnoCopa Intertoto da UEFAValencia CFEuropa1998Copa Intertoto da UEFACelta de VigoEuropa2000
Notas
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do AEK Atenas FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Adestradores do CD Lugo Categoría:Adestradores da SD Ponferradina