A ortofotografía é unha presentación fotográfica que foi corrixida dixitalmente para representar unha proxección ortogonal sen efectos de perspectiva dun obxecto, xerada a partir de fotografías reais oblicuas, e na que polo tanto é posible realizar medicións, tendo o mesmo valor ca un plano.
O alzado dunha fachada dun edificio ou a planta dun terreo poden representarse por unha ortofotografía se se empregan técnicas fotogramétricas dixitais para obter medidas tridimensionais do obxecto e transformar as coordenadas ó plano de proxección ortogonal.
Emprégase esta técnica en cartografía, arquitectura e arqueoloxía.
Véxase tamén Outros artigos SIXPAC Ligazóns externas Ortofoto completa de España
Categoría:Fotografía Categoría:Cartografía Categoría:Arquitectura Categoría:Arqueoloxía