Vilafant é un municipio catalán da provincia de Xirona. Está situado no centro da comarca do Alt Empordà.

O termo municipal, de 8,35 km², está ao suroeste da cidade de Figueres, capital de comarca. Tamén limita con Santa Llogaia d'Àlguema polo sur, con Borrassà ao suroeste e con Avinyonet de Puigventós ao noroeste.

Historia Por todo o municipio atopáronse interesantes restos arqueolóxicos ibéricos e romanos, con fragmentos de cerámica datados dos séculos IV-III a.C.

O documento máis antigo que se refire a Vilafant data de 1017 e é unha bula do papa Bieito VIII a favor do mosteiro de Sant Esteve de Banyoles. A principios do século XVII, tiña unha das industrias do ladrillo máis importantes da provincia de Xirona. Actualmente, a súa demografía non para de crecer, debido á súa proximidade coa cidade de Figueres, onde traballan moitos dos seus habitantes.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1981 2000 2010 509 606 584 1.507 4.100 5.429

Localidades O concello está formado por tres núcles de poboación: Les Arengades i el Camp dels Enginyers Les Forques Vilafant

Lugares de interese Igrexa parroquial de Sant Cebrià, do século XII e reconstruída durante o século XVIII. Palau Sabaldòria, conxunto arqueolóxico con restos ibéricos e romanos, igrexa prerrománica, castelo medieval e a masía Palol, unha gran casa do século XVI.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Xirona