Olivier Giroud, nado o 30 de setembro de 1986 en Chambéry, é un futbolista francés. Xoga de dianteiro e o seu club actual é o AC Milan da Serie A italiana. Ademais, é internacional coa selección de Francia, da que é o máximo goleador histórico.

Traxectoria Club Tras xogar para varios equipos franceses en divisións inferiores, Giroud fichou polo Montpellier HSC da Ligue 1 en 2010. En 2012, deixou Francia e fichou polo Arsenal FC inglés, quen pagou 9.6 millóns de libras pola súa fichaxe.

Selección O 3 de novembro de 2011, o adestrador da selección francesa, Laurent Blanc, convocou ó dianteiro para dous amigables contra Estados Unidos e Bélxica, o 11 e o 15 de novembro, respectivamente. Fixo o seu debut no partido contra os Estados Unidos, saíndo dende o banco na vitoria de Francia por 1-0.

Palmarés Montpellier HSC Ligue 1 (1): 2011–12

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web do Arsenal FC

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados no departamento de Savoia Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Grenoble Foot 38 Categoría:Xogadores do FC Istres Categoría:Xogadores do Tours FC Categoría:Xogadores do Montpellier HSC Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024