Lévitha (Grego: Λέβιθα) ou Lebynthos é unha pequena illa situada ao leste do mar Exeo, entre Cos e Paros, forma parte das illas do Dodecaneso. A poboación da illa en (2009) era de tres persoas, unha familia cun neno que tratan de levar unha forma de vida ecolóxica combinando o cultivo das terras co uso de enerxías renovables. A superficie total da illa é 9,2 km² e a súa lonxitude total de liña de costa é de 34 km.

Historia Na antigüidade a illa tiña o nome de Levinthos (Λέβινθος). A illa é mencionada en dúas das obras de Ovidio, Ars Amatoria e Metamorfoses, en relación coa saga de Dédalo e Ícaro. Mentres escapan de Creta, Dédalo e Ícaro voaron sobre Lebynthos. Tamén é nomeada na Xeografía de Estrabón.

Identificáronse restos de antigos edificios que ao parecer estaban relacionados co desenvolvemento dun pequeno pobo de pescadores. Durante o período romano Levitha debido a súa localización remota foi usada como un lugar de exilio.

Véxase tamén

Outros artigos Outras illas gregas

Ligazóns externas Portal do mar Exeo, información xeral sobre Levitha, (en grego) GR 163 Kinaros e Levitha. As illas e illotes rochosos , (en inglés) Natura 2000 GR 4220012, en grego

Categoría:Illas de Grecia