Akmareul boattda (Hangul 악마를 보았다) é un filme surcoreano dirixido por Kim Ji-woon que se estreou no 2010.

Sinopse Kyung-chul é un psicópata perigoso que mata por pracer e que cometeu varios asasinatos cuns métodos difíciles de imaxinar. As súas vítimas son rapazas novas e a policía leva tempo intentando capturalo. Un día, aparece asasinada a filla dun xefe de policía retirado e o mozo da rapaza, un axente secreto, xura vingarse.

Personaxes Lee Byung-hun como Soo-hyun, axente da Intelixencia Nacional de Corea do Sur. Choi Min-sik como Kyung-chul, condutor de autobús e asasino en serie. Jeon Kuk-hwan como Xefe de policía Jang, pai de Joo-yun. Chun Ho-jin como Xefe de sección Oh, líder da policía Oh San-ha como Joo-yun, prometida de Soo-hyun. Kim Yun-seo como Se-yun, irmá de Joo-yun. Choi Moo-sung como Tae-joo, amigo de Kyung-chul. Kim In-seo como Se-jung, moza de Tae-joo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha na KMDb Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Kim Ji-woon Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre asasinos en serie Categoría:Filmes rodados en Corea do Sur Categoría:Filmes ambientados en Seúl