Enrique Zas Simó,Segundo a GEG o seu nome era Enrique Zas y Simo. nado na Coruña o 25 de xuño de 1877 e finado na Habana o 2 de febreiro de 1929, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria En 1905 emigrou a Cuba e volveu a España para as súas investigacións.
A Real Academia Galega nomeouno membro correspondente en 1919.
Fundador e director de La Región Gallega, colaborou en Cuba Contemporánea, Ideal Gallego, Labor Gallega, Pro-Galicia e La Ilustración. Escribiu o conto De raza brava (1915), o drama Digna Collazo (1916), Galicia, patria de Colón (1923), Si... ¡Colón español! (1924), Historia de Cuba (1926) e a zarzuela Miñatos de vran, con música de José Fernández Vide, estreada en 1928 no Teatro Nacional da Habana.
Obras Biografías dos gobernadores de Cienfuegos Ramón María de Labra e José de la Pezuela.Entrada “Zas y Simo, Enrique”, por Francisco Javier Romero Costas, na GEG. Biografía de Anita Aguado. Tradiciones cienfuegueras Páginas olvidadas de la historia De raza brava Un bautizo en Guayajibo Guango pescador de altura La caída de la tarde Digna Collazo e Las redimidas Historia de Cuba, 1926. Miñatos de vran, en colaboración co compositor galego José Fernández Vide, 1928. Ocaso de gloria El divorcio, el hogar y la mujer Fin de la asociación de los antiguos alumnos de Montserrat y su influencia social
Vida persoal Casou con Concepción Monelos Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público