300px|miniaturadaimagem|dereita|VIsión 3D do encéfalo. A neuroanatomia é o eido da anatomía que estuda a organización anatómica do sistema nervioso, estuda innumerábeis ligazóns anatómicas entre os nervios do cerebro até a rexión periférica do corpo, centrándose en particular na estrutura interna do cerebro. A neuroanatomía comparada é a ciencia que analiza e contrasta os sistemas nerviosos das diferentes especies, dende os máis sinxelos até os mamíferos ou mesmo o ser humano. O primeiro rexistro escrito coñecido dun estudo da anatomía do cerebro humano corresponde a un texto exipcio, o papiro de Edwin Smith. O seguinte avance no desenvolvemento da neuroanatómía foi arredor de mil anos máis tarde, cando Alcmeón concluíu que o cerebro é o que goberna e dirixe ao resto do corpo, e non o corazón coma se pensaba até o momento. Un dos fundadores da neuroanatomía moderna foi o descubridor da neurona, Santiago Ramón y Cajal, premio Nobel de medicina no ano 1906.

Divisións anatómicas do sistema nervioso O sistema nervioso dos vertebrados está constituído polo encéfalo e a medula espiñal (sistema nervioso central, SNC), e polas conexións dos nervios que comunican co resto do corpo (sistema nervioso periférico, SNP).

Sistema nervioso central Cerebro Mesencéfalo Protuberancia ou ponte Cerebelo Bulbo raquídeo Medula espiñal (Porcións cervical, dorsal, lumbar, sacra e coccíxea) Nervios Craniais I e II

Sistema nervioso periférico

Nervios Craniais III a XII. Nervios Espinais (Entre eles destacan 2 plexos no Plexo Braquial e Lumbosacro)

Véxase tamén Outros artigos Sistema nervioso Neuroloxía Santiago Ramón y Cajal Ligazóns externas

Notas

Categoría:Anatomía Categoría:Neuroloxía