O Ródano (en alemán: Rhone ou Rotten, en francés: Rhône, francoprovenzal: Rôno, en occitano: Ròse ou Roine) é un importante río europeo. Desde o seu nacemento nos Alpes até a súa desembocadura no mar Mediterráneo percorre 812 quilómetros, dos cales 231 km discorren por Suíza e 581 por Francia. Deu nome aos departamentos de Ródano e de Bocas do Ródano, e tamén ó antigo departamento revolucionario de Ródano e Loira.

Percorrido O Ródano nace en Suíza, na Furka, no macizo de San Gotardo, a 1.753 m de altitude, atravesa o lago Léman, despois discorre por Francia e desemboca nun delta no Mediterráneo. Discorre primeiramente nunha dirección leste-oeste (a súa parte máis alta corresponde ao cantón de Valais; en Martigny o seu leito estréitase moito e remonta cara ao norte antes de embocar no Léman. Sae polo cantón de Xenebra, onde recibe o Arve, despois penetra en Francia; o trazado do seu curso é sinuoso até os arredores de Lión onde recibe o Saona; a partir desta cidade, discorre cara ao sur para se verter por un delta (Camargue) no mar Mediterráneo.

Afluentes Principais afluentes: Río Arve Río Ain Río Saona Río Isère Río Drôme Río Ardèche Río Durance Río Aigues Río Ouvèze Río Gard

Principais cidades atravesadas polo Ródano Xenebra Lión Valence Aviñón

Principais vilas atravesadas polo Ródano Sion Montreux (na beira do lago Léman) Lausana (na beira do lago Léman) Évian-les-Bains (na beira do lago Léman) Thonon-les-Bains (na beira do lago Léman) Lión Vienne Tournon Valence Montélimar Orange Aviñón Arlés

Categoría:Río Ródano