miniatura|Versión extravehicular do traxe G4C, co módulo pectoral de control da ventilación e o umbilical recuberto de ouro. G4C é a denominación dun tipo de traxe espacial estadounidense fabricado pola empresa Dave Clark para algunhas misións do programa Gemini. Usouse por primeira vez en 1964 e existía unha versión para actividades extravehiculares, o G4C AMU, usado en 1966 por primeira vez. Unha evolución posterior foi o traxe A1C, pensado para as misións Apolo, pero que nunca chegou a usarse.

Co G4C os deseñadores buscaron un traxe con gran mobilidade. Foi usado por primeira vez na misión Gemini 4, durante o paseo espacial, e posteriormente en tódalas misións Gemini agás na Gemini 7. O traxe combinaba vexigas e unha capa de malla restritiva que melloraban a flexibilidade do traxe cando era presurizado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos G3C G5C

Categoría:Traxes espaciais Categoría:Programa Gemini