Dallas (pronuncia en inglés [ˈdæləs]) é a capital do Condado de Dallas, Texas, Estados Unidos. A cidade ten 1 240 499 habitantes, sendo a máis poboada da área metropolitana Dallas/Fort Worth, que ten en total 5 222 000 habitantes. Dallas ten unha grande industria en tecnoloxías da información.

O aeroporto internacional de Dallas/Fort Worth é o aeroporto máis grande do estado de Texas. O 22 de novembro de 1963, o presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy foi asasinado nesta cidade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia urbana de Dallas American Airlines Center Dallas Mavericks

Ligazóns externas Páxina oficial de Dallas

Categoría:Cidades de Texas