miniatura|dereita|As glomerulonefrites son exemplos clásicos de enfermidades con complexos inmunes. Un complexo inmune, inmunocomplexo ou complexo antíxeno-anticorpo está formado pola unión dun anticorpo a un antíxeno soluble. Unha vez unidos, o complexo antíxeno-anticorpo actúa como un epitopo específico, e dise que é un complexo inmune. Despois da reacción antíxeno-anticorpo, o complexo inmune pode estar suxeito a varias respostas, como a deposición do complemento, opsonización, fagocitose, ou o procesamento por proteases. Os glóbulos vermellos que levan receptores CR1 nas súas superficies poden unirse a complexos inmunes que levan unido o C3b e transportalos aos fagocitos, principalmente no fígado e bazo, e volven despois á circulación xeral.

Os propios inmunocomplexos poden causar doenzas cando se depositan nos órganos do corpoR C Williams, Jr. Immune Complexes in Human Diseases. Annual Review of Medicine. Vol. 32: 13-28 (Volume publication date February 1981). DOI 10.1146/annurev.me.32.020181.000305. Merriam Webster - Immune complex, por exemplo, en certas formas de vasculite (nas que se inflaman e destrúen os vasos sanguíneos). Esta é a terceira forma de hipersensibilidade na clasificación de Gell-Coombs, chamada hipersensibilidade de tipo III.

A deposición de complexos inmunes é unha característica importante de varias enfermidades autoinmunes , como o lupus eritematoso sistémico, crioglobulinemiaSansonno D, Dammacco F. Hepatitis C virus, cryoglobulinaemia, and vasculitis: immune complex relations. Lancet Infect Dis. 2005 Apr;5(4):227-36. PMID 15792740. , artrite reumatoide, escleroderma e a síndrome de Sjögren.

Fisiopatoloxía

Os complexos inmunes poden causar doenzas, en particular os circulantes. A formación de complexos inmunes circulantes é normal nas reaccións inmunitarias, pero a amplificación deste fenómeno normal pode producir certas patoloxías. Estes complexos inmunes únense a compoñentes do complemento. Despois os inmunocomplexos son eliminados polas células fagocíticas.

Disfuncións orixinadas polos inmunocomplexos O descrito é o funcionamento normal, pero na realidade, o complexo inmune pode encontrarse en tres situacións diferentes, o que dá lugar a diferentes consecuencias.

Estes tres casos posibles son: O antíxeno e o anticorpo neutralízanse normalmente sen ningún tipo de complicación. O anticorpo está en exceso e nese caso fórmanse complexos insolubles que van ser rapidamente destruídos polo organismo. Os complexos precipitan ou son fagocitados rapidamente e tampouco hai complicacións. O antíxeno está en exceso e nese caso os complexos son solubles no soro sanguíneo e permanecen en circulación, e poden orixinar doenzas. Estas complicacións poden ser menores se o antíxeno posúe un peso molecular baixo, porque nese caso os complexos tardan en se depositar e fano fragmentados, polo que poden ser destruídos polos glóbulos brancos por fagocitose. Noutros casos os antíxenos teñen un peso molecular e tamaño considerables, polo que se produce unha precipitación rápida (depósito) e unha activación rápida do complemento, o que supón unha alteración das paredes dos vasos sanguíneos pequenos en certos órganos como os riles. Este tipo de fenómeno constitúe a hipersensibilidade de tipo III. En certos pacientes este fenómeno queda descontrolado e produce lesións en órganos como a pel e as arterias. Isto é o que ocorre na vasculite alérxica. O complemento é un factor que actúa en cascada activando a reacción inmunitaria.

Lista das principais patoloxías ligadas a disfuncións causadas por complexos inmunes Glomerulonefrite aguda Glomerulonefrite crónica Lupus eritematoso sistémico Síndrome de Gougerot Esclerodermia Artrite reumatoide Certas cirroses Hepatite crónica activa Fibrose pulmonar Policondrite atrofiante crónica Enfermidade do soro Pulmón eosinofílico Púrpura trombopénica Enfermidade intersticial difusa Fenómeno de Arthus Síndrome de Dressler Vasculite

Os inmunocomplexos poden estar asociados tamén a procesos autoinmunes Kenneth J Hardy, Amrit P Singh, Richard D de Shazo, University of Mississippi. Immune Complex Disease. DOI 10.1002/9780470015902.a0002164.pub2. .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alerxia

Ligazóns externas www.immune-complex.ch Immune-complex test

Categoría:Inmunoloxía