O termo estigma pode designar:
Estigma, proxecto de dramaturxia galego. Estigma, en botánica, parte superior do pistilo que recibe o pole para a fecundación. Estigma, chaga que aparece de maneira espontánea no corpo dalgúns santos e místicos. Tamén a marca que se gravaba antigamente cun ferro candente na testa ou noutra parte do corpo dos malfeitores ou dos escravos. Estigma social, desaprobación de características ou crenzas persoais que van contra normas culturais Estigma (parapsicoloxía), en medicina, marcas tipo úlceras, chagas, queimaduras etc que aparecen nun paciente sen instrumentos ou causas normais externas. Estigma, en zooloxía, cada un dos orificios que teñen os insectos no abdome.