Xavier Castro Pérez, nado en Cangas de Morrazo o 5 de xuño de 1954, é un historiador galego.
Traxectoria Licenciado en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela no 1977, obtendo en 1982 o doutoramento en Historia. Desde 1991 exerce a docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París.
Colaborou en diversas revistas e prensa diaria, tendo participado tamén en conferencias e presentado comunicacións en varios congresos de Historia Contemporánea. Foi comisario da Exposición do Cincuentenario da Editorial Galaxia (1950-2000).
Xunto a Jesús de Juana López promoveu desde 1983 as Xornadas de Historia de Galicia. Formou parte do equipo de redacción da revista Grial. É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica e da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación (Institut Europeen D’Histoire de L’Alimentation). Dirixiu varios proxectos de investigación e foi o asesor, en calidade de historiador, das series da TVG As leis de Celavella e La cocina atlántica. Impartiu cursos sobre a cultura e cata do viño.
Obra en galego Ensaio O galeguismo na encrucillada republicana. I e II (1985). Deputación de Ourense. (Tese de doutoramento) A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación (1999). Galaxia. 392 páxs. Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX-XX) (2007). Nigra Trea. Reeditado en Galaxia (2019), 560 páxs. A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia (2010). Biblos Clube de Lectores. A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia (2010). Galaxia. 492 páxs. Cociñeiras con talento. Mulleres e gastronomía en Galicia (2023). Transforma. 268 páxs. ISBN 978-84-09-53103-5. Ben mantidos. Historia cultural da Gastronomía Galega (2024). Vigo: Galaxia. 226 páxs. ISBN 978-84-1176-342-4. Epílogo de Xesús Alonso Montero.
Edicións Castelao e os galeguistas do interior: cartas e documentos 1943-1954 (2001). Galaxia. 412 páxs.
Obras colectivas I Xornadas de Historia de Galicia, 1985, Deputación de Ourense. II Xornadas de Historia de Galicia. Aspectos da realidade galega (séc. XVI ó XX), 1986, Deputación de Ourense. III Xornadas de Historia de Galicia. Sociedade e movemento obreiro en Galicia, 1986, Deputación de Ourense. IV Xornadas de Historia de Galicia. Historiografía galega, 1988, Deputación de Ourense. V Xornadas de Historia de Galicia. Galicia e América: o papel da emigración, 1990, Deputación de Ourense. VI Xornadas de Historia de Galicia. Mentalidades colectivas e ideoloxías, 1991, Deputación de Ourense. VII Xornadas de Historia de Galicia. Novas fontes. Renovadas Historias, 1993, Deputación de Ourense. VIII Xornadas de Historia de Galicia. Cuestións de historia galega, 1995, Deputación de Ourense. Historia a debate. Galicia, 1995, Universidade de Santiago. IX Xornadas de Historia de Galicia. A muller na historia de Galicia, 1995, Deputación de Ourense. X Xornadas de Historia de Galicia. Grandes transformacións na historia contemporánea de Galicia, 1998, Deputación de Ourense. XI Xornadas de Historia de Galicia. Historia da Cultura en Galicia, 2002, Deputación de Ourense. XII Xornadas de Historia de Galicia. Perspectivas plurais sobre a historia de Galicia, 2003, Deputación de Ourense. Alimentación, sociabilidade e vida cotiá na historia, 2009, Universidade de Santiago.
Obra en castelán Ensaio Ayunos y yantares. Usos y costumbres en la historia de la alimentación (2001). Nivola, Madrid. A la sombra ejemplar de los parrales. Cultura del vino en Galicia y otros espacios peninsulares (2006). Trea, Xixón. Yantares gallegos: historia de la dieta atlántica (2010). Universidade de Santiago.
Premios O galeguismo na encrucillada republicana, mención de honra do Premio Otero Pedrayo, 1983. Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo no 2007, por Servir era o pan do demo. Premio Gourmand best in the world na categoría de mellor libro de historia gastronómica en galego no 2011, por A mesa e manteis. XVII Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro no 2011, por A mesa e manteis.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista en Cepas y vinos, 2019
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1954 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela