Os liquidámbar (nome científico Liquidambar) é un xénero de fanerógamas pertencente á familia Altingiaceae, que ás veces é considerada como unha parte de Hamamelidaceae. Comprende 4 especies. O autor do xénero, Linné, clasificábao preto dos Platanaceae.
En Galicia atopámolos principalmente nas cidades coma ornamentais.
Descrición Son árbores grandes, caducifolias, 25 a 40 m de altura, con follas palmadas, lobuladas, en arranxo espiralado nas pólas. As flores son miúdas e producen unha inflorescencia globular e mesta de 1 a 2 cm de diámetro e pénsiles a 3 a 7 cm da póla. O froito é unha cápsula lígnea, múltiple, de 2 a 4 cm de diámetro, con numerosas sementes.
Especies Liquidambar californicum Lesquereux, 1878 - Fósil. Liquidambar europaeum AL Braun in Buckland, 1888 - Fósil. Liquidambar changii Pigg, K. B., S. M. Ickert-Bond, & J. Wen, 2004 Liquidambar acalycina H.T.ChangActa Sci. Nat. Univ. Sunyatseni 1959 (2): 33 1959 (IK) - Centro e sueste da China - Fósil. Liquidambar formosana HanceAnn. Sci. Nat., Bot. sér. 5, 5: 215 1866 (IK) - Liquidámbar da China, centro e sueste da China, sueste de Corea, Taiwán, Laos, nordés do Vietnam) Liquidambar orientalis Mill.Gard. Dict., ed. 8. n. 2 1768 (IK) - Liquidámbar oriental, suroeste de Turquía, Grecia: Rodas) Liquidambar styraciflua L.Sp. Pl. 2: 999. 1753 (IK) - Liquidámbar americano, leste de América do Norte de Nova York a Texas e leste desde México, Guatemala, O Salvador, Honduras e Nicaragua.
O xénero estaba moito máis espallado no Terciario, porén desapareceu de Europa por mor da extensa e intensa glaciación no norte e nos Alpes, que sirviu como parede contra a migración do sur. Desapareceu do oeste de América do Norte por mor de variacións climáticas, e por condicións demasiado frías na estepa rusa. Hai numerosas especies fósiles de Liquidambar que amosan ese status de relictismo actual.
Usos É unha popular árbore ornamental, particularmente en áreas temperadas con veráns calorosos. Plántase principalmente pola súa follaxe, xa que no outono tórnase a fermosas cores amarelas e arroibadas.
En Galicia plántase moito en xardíns e rúas urbanas.
As árbores producen unha goma coñecida coma storax, usada na menciña tradicional. Esta goma contén unha pequena cantidade dun hidrocarburo aromático o estireno; o estudo do estireno extraído da goma do Liquidambar orientalis deu por resultado a síntese en 1925 do primeiro polímero poliestireno, por parte da industria petroquímica alemá.
left|miniatura|270px|Liquidambar styraciflua
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Hsu, E. & Andews, S. (2005). Árbore do Ano: Liquidámbar Libro do Ano da Sociedade Internacional de Dendroloxía 2004: 11-45 Extinción determinística Plio-Pleistocénica da flora arbórea da Europa temperada-fría. Ecology Letters 6 (7): 646-653; xullo de 2003 Posíbel ligazón entre o froito do Liquidámbar e a Gripe Aviar; Avances da Sociedade Americana de Química, en Atlanta, American Chemical Society, marzo de 2006
Categoría:Altingiaceae Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Árbores