El Ribadaviense foi un semanario editado en Ribadavia entre 1900 e 1936.

Historia e características Subtitulada Periódico defensor de intereses generales, apareceu en 1900.Algúns autores afirman que apareceu en 1895, pero o número 14 ten data de marzo de 1900. Cambiou despois o seu subtítulo por Periódico independiente de intereses generales e a partir de 1931 Decano de los semanarios de España. Fundado e dirixido por Máximo Tomé González ata a súa morte en 1925. Editábase nos seus propios obradoiros tipográficos. De tendencia liberal nun principio e afecto ao deputado Adolfo Merelles Martel, co tempo converteuse en republicano, progresista e galeguista. Logo da morte de Máximo Tomé en novembro de 1925 fíxose cargo da dirección Hermenegildo Rodríguez Casas,La Voz de Galicia, 17-11-1925, p. 4. quen lle deu entrada ás colaboracións de coñecidos galeguistas. Incluíu información da comarca do Ribeiro e traballos de divulgación agraria. Foi rival de Noticiero del Avia. Cesou a súa publicación en 1936.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense Ligazóns externas Prensa local de Ribadavia na Biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Xornais antigos de Ribadavia. Museo Etnolóxico Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Xunta de Galicia.

Categoría:Prensa escrita de Ribadavia Categoría:1900 en Galicia