Mandawuy Djarrtjuntjun Yunupingu, nado como Tom Djambayang Bakamana Yunupingu o 17 de setembro de 1956 en Yirrkala (Terra de Arnhem, Territorio do Norte) e finado o 2 de xuño de 2013, foi un músico, cantante e educador aborixe australiano principalmente coñecido por ser o líder da banda Yothu Yindi.

Traxectoria En 1989 pasou a ser subdirector da Escola Comunitaria de Yirrkala, á que asistiu no seu día, e foi director durante os dous anos seguintes. Axudou a establecer o Grupo de Acción Yolngu e introduciu o sistema "Both Ways", que recoñeceu o ensino tradicional aborixe xunto aos métodos occidentais..

Desde 1986, foi o líder do grupo de rock aborixe Yothu Yindi como cantautor e guitarrista. Yothu Yindi publicou seis álbums: Homeland Movement (1989), Tribal Voice (1991), Freedom (1993), Birrkuta - Wild Honey (1996), One Blood (1999) e Garma (2000).

Yunupingu foi nomeado Australiano do Ano en 1992 polo Concello do Día Nacional de Australia. En 1993, foi un dos seis indíxenas australianos que presentaron conxuntamente as Boyer Lectures "Voices of the Land" para o Ano Internacional dos Pobos Indíxenas do Mundo (IYWIP). En abril de 1998, recibiu un doutoramento honoris causa pola Universidade de Tecnoloxía de Queensland. Faleceu en 2013, aos 56 anos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobo yolŋu Ligazóns externas Páxina oficial Yothu Yindi The Yolngu Garma Festival Australianscreen online.

Categoría:Cantantes de Australia Categoría:Nados no Territorio do Norte Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 2013