O río Barbantiño é un afluente do río Miño que discorre pola comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Percorrido Nace nos montes de Orbán no concello de Vilamarín e discorre do nordeste a suroeste, atravesando os concellos de San Cristovo de Cea, Amoeiro, Maside e Punxín para desembocar no Miño en Barbantes.
Os seus afluentes son pola esquerda o regato do Orbán, o río Formigueiro e o regato Casardemato, e pola dereita o regato Alontos, o regato da Cabana, o río Pequeno, o río de Louredo, o regato Listanco e o regato do Faro.
Véxase tamén Bibliografía Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
Ligazóns externas Asociación Amigos do Barbantiño
Categoría:Ríos da provincia de Ourense Categoría:Afluentes do Miño