O Blackpool Football Club é un equipo de fútbol profesional inglés da cidade de Blackpool, fundado no ano 1887. Actualmente compite no Football League Championship, a segunda división de fútbol profesional de Inglaterra.
Dende 1901, o Blackpool xoga os seus partidos coma local no Bloomfield Road. O seu principal alcume é The Seasiders, aínda que tamén se lle chama The 'Pool e The Tangerines, este último en referencia á cor do seu primeiro uniforme."Blackpool add orange twist to opening day" – Reuters, 12 de agosto de 2010"Championship play-off final as it happened" BBC Sport, 22 de maio de 2010 O Blackpool mantén unha rivalidade local co Preston North End, e os partidos entre eles coñécense coma o "West Lancashire derby".
O logro máis salientable do Blackpool é a vitoria na final da FA Cup de 1953, cando gañaron ó Bolton Wanderers por 4-3, remontando un 1-3 en contra. Durante o período da posguerra, o Blackpool chegou a tres finais da FA Cup en seis anos e, durante os anos 50, quedou catro veces entre os seis primeiros clasificados da Football League First Division, sendo a súa mellor clasificación un segundo posto na tempada 1955-56, por detrás do Manchester United.
Xogadores Cadro actual Cadro actualizado a 25 de xaneiro de 2013.
Cedidos
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol de Inglaterra