Os mizozoos (Myzozoa) son un grupo de microorganismos protozoarios pertencente aos Alveolata, que se alimentan por medio de mizocitose (perforan a célula que depredan cun tubo e zugan o seu contido).
Os mizozoos son ás veces considerados un filo, que contén os subfilos Dinozoa e Apicomplexa.
O termo "Miozoa" (protalveolados, dinoflaxelados, esporozoos, apicomónadas) tamén se utiliza ás veces, pero foi substituído por "Myzozoa".
A especie Perkinsus marinus e os Apicomplexa teñen histonas mentres que os dinoflaxelados parece que as perderon.Gornik SG, Ford KL, Mulhern TD, Bacic A, McFadden GI, Waller RF (2012) Loss of nucleosomal DNA condensation coincides with appearance of a novel nuclear protein in dinoflagellates. Curr Biol pii: S0960-9822(12)01257-2. doi: 10.1016/j.cub.2012.10.036.
Notas
Categoría:Protistas Categoría:Alveolados