Enrique Pla y Deniel, nado en Barcelona o 19 de decembro de 1876 e falecido en Toledo o 5 de xullo de 1968, foi un eclesiástico español.

Traxectoria Estudou filosofía, teoloxía e dereito canónico. Ordenouse en 1900 en Barcelona, foi profesor do Seminario de Barcelona, bispo de Ávila entre 1918 e 1935. Presidente de Acción Católica, foi un dos impulsores de Acción Popular. Nomeado bispo da diocese de Salamanca en 1935, tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 contra a República cedeulle a Francisco Franco o seu palacio episcopal e escribiu a carta pastoral Las dos ciudades, onde xustificaba a rebelión de Franco, e que constituíu a fundamentación teolóxica do que denominou Cruzada.

En 1941, tras ser nomeado arcebispo de Toledo, converteuse en primado de España e en 1946 o papa nomeouno cardeal. Procurador en Cortes e membro do Consello do Reino e do de Rexencia. En 1960 deu o seu apoio a membros de Acción Católica que reclamaban o seu dereito a participar en folgas e pouco tempo despois Pla dimitiu dos seus cargos políticos.

Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Cardeais creados por Pío XII Categoría:Cardeais de España