Urbano Ferreiroa Millán, nado en Navío (San Amaro) o 30 de setembro de 1845 e finado no mesmo concello o 21 de febreiro de 1901,Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos (febreiro e marzo de 1901), p. 175. foi un presbítero e escritor galego.

Traxectoria Urbano era fillo de José Ferreiroa Álvarez (morto en 1883La Unión (19 de abril de 1883). Madrid, p. 3.) e de Peregrina Millán Rodríguez (finada en 1904La Correspondencia Gallega. Diario de Pontevedra (28 de decembro de 1904). Ano XVI Número 4469, p. 3.). Tiña catro irmáns: Irene, Antonio, Félix e José."Primer aniversario" (20 de febreiro de 1902). El Miño. Diario liberal, p. Fixo os estudos medios no Instituto de Ourense e despois filosofía e teoloxía no Seminario Conciliar de San Fernando desa cidade. Ampliou os estudos eclesiásticos en Madrid e Roma. Doutorouse en Teoloxía e Dereito Canónico na diocese de Toledo. Regresou a Ourense e en 1870 fundou xunto con Venancio Moreno Pablos e Celedonio Osorio Lafuente o semanario La Nacionalidad. En 1878 viaxou a Roma, onde foi recibido en audiencia polo papa León XIIILa Iberia. Diario Liberal (23 de outubro de 1878), p. 3. (de quen se faría capelán ou camareiro) e onde moraría durante catro anos."La Transformación de la Roma pagana estudiada en la Roma actual" (5 de novembro de 1882). La Ilustración Católica, p. 152. Relatou o encontro co pontífice na súa "Carta ao diario El Siglo Futuro" (22 de outubro de 1878), xornal para o que escribiría como correspondente en Roma.

Foi nomeado chantre da catedral de Valladolid en 1884El Imparcial (26 de febreiro de 1884). e en 1890 foi nomeado vicario capitular da arquidiocese de Valladolid.La Unión Católica (30 de xaneiro de 1890), p. 3. No mesmo ano, debido a que "o clima de Valladolid non lle prestaba ao Sr. Ferreiroa", foi nomeado chantre da catedral de Valencia,La Unnión Católica (8 de marzo de 1890), p. 1. cargo do que tomou posesión o 25 de no­vem­bro de 1890.

En Valencia fundou e dirixiu (con Luis Gestoso Acosta e Vicente Rocafull Vélez), entre 1893 e 1900, a revista Soluciones Católicas. Colaborou no periódico carlista El Siglo Futuro, en La Ilustración Católica, no diario católico-tradicionalista La Lealtad e no semanario hispano-americano Altar y Trono. Foi académico correspondente da Real Academia da Historia (1884), da Academia Filosófica de Santo Tomás de Boloña e da Academia de Arcades de Roma.Eiján Lorenzo, Samuel (1920). Historia de Ribadavia y sus alrededores, Madrid: Establecimiento Tipográfico de San Bernardo, p. 620. En 1897 León XIII nomeouno abreviador na Nunciatura Apostólica de Madrid.La Unión Católica (18 de maio de 1897), p. 2. miniatura|Portada da segunda edición de La Tierra Santa A súa obra máis ambiciosa é a Historia apologética de los Papas, na que se inclúe a "máis aceptábel biografía castelá" de Pío VII.Pacheco y de Leyva, Enrique (1915). La intervención de Floridablanca en la redacción del Breve para la supresión de los jesuitas (1772-1773). p. 37. O primeiro tomo publicouse en 1886La Unión (10 de outubro de 1886). e o décimo e último en 1900. Na súa época traduciuse ao italiano e posibelmente ao francés. A pesar do título, a obra é máis "imparcial" que "apoloxética", aínda que o autor, ante unha crítica de Marcelino Menéndez Pelayo, co que se carteou, arrepentiuse de ter usado o adxectivo "apoloxética".Carta de Urbano Ferreiroa a Marcelino Menéndez Pelayo (30 de xullo de 1897).

O estilo literario de Ferreiroa é "o máis parecido que en España existe ao de Salustio: elegantemente conciso".Marín del Campo, J. (19 de marzo de 1925).

En 1886 fixo a primeira tradución do Magníficat ao galego, incluída en Magnificat in XL linguas versum et propriis caracteribus redditum et expressum, agasallo para o papa León XIII.Ferro Ruibal (2006), p. 13.

Está enterrado no cemiterio da igrexa de San Fiz de Navío.Vázquez Núñez, Arturo (1907). "Iglesias románicas de la provincia de Orense". Boletín de la Real Academia de la Historia, Tomo 50, p. 221.

Pensamento político e social En 1880 visitou as ruínas de Pompeia,Romero Recio, M. (2012). “Turistas. Españoles en Pompeya”, en Ecos de un descubrimiento. Viajeros españoles en Pompeya (1748-1936), Madrid: Ediciones Polifemo. e plasmou as súas impresións desta visita no seu texto “Recuerdos de Nápoles V: Herculano y Pompeya”, no que condena o feito de que o esplendor da cidade estivese sustentado na corrupción e a explotación dos escravos no mundo antigo. Na mesma obra critica a situación de inferioridade na que se encontraba a muller, que equipara á escravitude: "a absurda mitoloxía, a triste e ignominiosa escravitude, a inferioridade na que era tida a muller e o malentendido patriotismo, que ao estado o sacrificaba todo".Romero Recio, Mirella (2018). "Algunas interpretaciones sobre la esclavitud antigua en la historiografía decimonónica española ". Habis nº 49, Universidad de Sevilla, p, 262.

No seu artigo "Por Galicia" toma un posicionamento protogaleguista con respecto á cultura e á lingua galega. Despois de facer un repaso ás inxurias aos galegos na literatura española e europea, que utilizan "galego" como insulto, Ferreiroa reivindica a lingua galega, que "naceu e se perfeccionou antes que a castelá". Pero ese desprezo tamén se pode atopar nunha escritora galega como Emilia Pardo Bazán, quen afirma, segundo Ferreiroa, que "o chan galego se amosou estéril para a literatura nacional". Ferreiroa afirma que a lingua castelá foi "aceptada, nunca asimilada" en Galiza.Ferreiroa, Urbano (1893). "Por Galicia", pp 580-581). miniatura|La reforma protestante en Inglaterra Urbano Ferreiroa defendía a arbitraxe dos Papas, desde a Idade Media, entre "príncipes e pobos". Os Papas debían ser "pacificadores do mundo arruinado por guerras" e "defensores da xustiza pública" aos que debían estar sometidos "reis, príncipes e pobos". O Pontificado debía ser "un tribunal beneficioso para os pobos oprimidos e vexados" que podía excomungar os tiranos feudais e converter as igrexas en lugares de refuxio. Así mesmo defendía o celibato eclesiástico para que o sacerdocio non se convertese nunha casta.Ramón Solans, Francisco Javier (2021). "Una utopía ultramontana. El papa como árbitro internacional de la paz en el siglo XIX". Pasado y Memoria. Revista de Historia Contemporánea, nº 23, Universidad de Zaragoza, pp. 127-128.

No seu artigo sobre Daniel O’Connell, O Libertador, escrito no centenario do seu nacemento, Ferreiroa defende a independencia dos irlandeses, pobres e católicos, e critica os "estranxeiros" protestantes e ricos (os británicos) que os explotan comercial e culturalmente.

En 1870 fundou en Ourense, xunto con Venancio Moreno Pablos e Celedonio Osorio Lafuente, o semanario La Nacionalidad (subtitulado Periódico católico-monárquico), de carácter católico e carlista, no que escribiu os seus primeiros versos Emilia Pardo Bazán.Altabella, José (14 de febreiro de 1960). "Notas para una historia de la prensa en Orense", La Región, p. 19. O seu poético canto á Virxe María publicado en 1866 en La Lealtad remata co seguinte manifesto político:

Políticamente, estaba aliñado co Partido Integrista (Católico Nacional), escindido do Carlismo.Ferrer, Melchor (1959). Historia del tradicionalismo español, Tomo XXVIII, vol. II, Documentos. Sevilla: Editorial Católica Española, p. 276. Os seus adversarios ideolóxicos cualificábano de "neo" ("neocatólico"), é dicir, promotor da doutrina que impulsaba a restauración das tradicións do catolicismo, e de "ultramontano", ou sexa que pretendía outorgarlle máis poder ao Papa. Ao estourar a terceira guerra carlista en 1872, o goberno perseguiu a prensa carlista, a consecuencia do cal Urbano Ferreiroa pasou varios meses na cadea.Melgar, Francisco (25 de febreiro de 1927). "Antes de la guerra. Primera entrevista con Don Carlos", El Universo, Madrid, p. 6.

Ataques na prensa Ferreiroa foi albo das críticas do diario satírico El Solfeo (sobre todo a partir da publicación do seu artigo "La ciencia moderna"), tanto polas súas ideas conservadoras como polo prolífico da súa literatura: "Nos últimos días non escribiu ningún artigo o Sr. Ferreiroa. Temo que non estea moito tempo de parabéns a literatura".El Solfeo (26 de novembro de 1875, p. 4). Desde as súas páxinas, Leopoldo Alas "Clarín", que tiña trato con el ("O señor Ferreiroa, a quen eu atuaba, saíume cura"Sotelo, Adolfo (2009). "Marcelino Menéndez Pelayo y Leopoldo Alas 'Clarín'”, en Raquel Gutiérrez Sebastián e Borja Rodríguez Gutiérrez (eds.). Menéndez Pelayo y la novela del Siglo XIX, Santander: Real Sociedad Menéndez Pelayo, p. 134.), chamouno "avantaxado neo-católico" e "ignorante na materia filosófica", e mesmo desprezou a súa orixe galega ao dicir que o seu estilo era máis axeitado "ao chan que o viu nacer".Clarín [Leopoldo Alas] (10 de novembro de 1875). "Palique". El Solfeo, p. 1.

Tras o falecemento de Ferreiroa, saíu unha nota satírica no diario republicano El País, na que dicían "alegrarse... polo sucesor [no cargo], enténdese", e afirmaba que a Igrexa "perde moi pouco" coa súa desaparición. A mesma nota describe a Ferreiroa como "un señor voluminoso, pouco favorecido pola natureza, nada simpático, pero moi cheo de pretensións, que pasou a vida sen facer un favor a ninguén, pretendéndoos el, e morto de ansias por ser bispo, o que afortunadamente non puido conseguir. Críase escritor, orador e sabio, pero... dime do que presumes e direiche o que che falta; en ridículo si que se puxo infinitas veces. Quen sabe se a súa entrada no ceo terá causado unha explosión xeral de risos! Era o máis ao que podía aspirar.""Gangas clericales" (2 de marzo de 1901). El País. Diario republicano, p. 3.

Obras

Libros La cuestión de Oriente (1877). Madrid: Imprenta de F. Maroto é Hijos. 13x19,5cm, 160 páxinas. León XIII y la situación del Pontificado (1878). Madrid: Librería Católica de San José (Imprenta de F. Maroto é Hijos). 11,5x18cm, 470 páxinas. Transformación de la Roma pagana estudiada en la Roma actual (1882). Barcelona: Imprenta de la Librería Religiosa. 12,5x19cm, 616 páxinas. La reforma protestante en Inglaterra. Panegírico de cinco mártires ingleses de la C. de J. (1888). Valladolid: Establecimiento Tipográfico de H. de J. Pastor. 18,5x26,5cm, 26 páxinas. Discurso pronunciado en las fiestas celebradas en el Seminario de Valladolid el día 15 de enero de 1888 para commemorar el quincuagésimo aniversario sacerdotal de León XIII (1888). Valladolid: Cuesta e Hijos. 26cm, 16 páxinas. El primer perseguidor de los cristianos. (Escenas del primer siglo del cristianismo) (1893). Valencia: Imprenta de Federico Domenech. 14,5x22,5cm, 302 páxinas. (Novela histórica.)A páxina frontal (de rostro) da edición de tapa dura constata a data de 1893, pero o "Dictamen del censor eclesiástico" impreso na última páxina está datado en 1895. No lombo desta edición aparece o título "El primer perseguidor de la Iglesia". Existe unha reimpresión en tapa branda retitulada Nerón. El primer perseguidor de los cristianos. (Escenas del primer siglo del cristianismo) e datada en 1895. La Tierra Santa. Su descripción y su portentosa historia (1896). Valencia: Juan Puig Editor (Imprenta, Litografía y Encuadernación de José Ortega). 18,5x28,5cm, 558 páxinas, 13 litografías a cor. Segunda edición (1898): Valencia: Establecimiento Tipográfico Domenech. Terceira edición (2017). A Coruña: Órbigo. Historia apologética de los Papas desde San Pedro al Pontífice reinante (1886-1900). Valencia: Imprenta de Federico Domenech, Editor. 10 Tomos, 14,5x22cm. Tomo I: 312pp; Tomo II: 328pp; Tomo III: 290pp; Tomo IV: 400pp; Tomo V: 412pp; Tomo VI: 320pp; Tomo VII: 454pp; Tomo VIII: 398pp; Tomo IX: 380pp; Tomo X: 614pp.

Artigos, discursos e textos breves "María" (29 de maio de 1866). La Lealtad. Diario Religioso-Monárquico, pp. 3-4. "El poder de la Iglesia" (18 de xullo de 1871). Altar y Trono. Revista Hispano-Americana, pp. 125-126. "Daniel O´Connell" (agosto de 1875). El Siglo Futuro. Diario Católico.